Este xoves 20 de febreiro celebrouse na Praza de España de Monforte o Xoves de Compadres, unha actividade que intenta manter viva a tradición de elaborar estas creacións dedicadas a algún tema concreto, destacando pola súa orixinalidade e/ou crítica. Para animar á participación, dende o Concello de Monforte convocan un concurso con diferentes categorías e premios. Os participantes concorrían como centros de ensino, como parroquia, barrios ou rúa do concello e tamén de xeito individual.
A cita era na Praza España ás 17:00 h. e ata as 17:30 h. o xurado paseaba polo medio da xente para valorar os Compadres. A continuación, o Alcalde, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer os gañadores do Xoves de Compadres, iniciando así as actividades programadas arredor do Entroido 2025.

Na categoría de Barrios Colectivos participaron 7 asociacións, cun total de 42 compadres; en Barrios individual 8 participantes, con 15 compadres en total; en Centros de ensino colectivo 2 centros; en Centros de ensino individual: 2; e na Praza de España individual: 2.
Para este Xoves de Compadres destináronse 2.000€ en premios, 100€ máis que en 2024. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salientou o rexedor monfortino.
Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima do Compadre oficial, “Exame de política”, que como todos os anos foi elaborado pola asociación Albores, e o resto de compadres de quen quixo sacrificar as súas creacións.

PREMIOS XOVES COMPADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2025
CRÍTICA SOCIAL
Roma. Asoc. Fam. de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 150 €.
BARRIOS COLECTIVO
Accésit – Tradición zapateira en Monforte, Asoc. Veciños Barrio de Cobas, 75 €
Accésit – Roma, Asoc. Fam. de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 75 €
2º –Ultimiiiiisima hora, Asociación Prodeme, 120 €
2º-Taller de alta costura, San Julian de Tor, 120 €
1º – Monforte non queda sen relevo xeracional, Asociación Agora centro ocupacional, 150 €.
BARRIOS INDIVIDUAL (ata 3 compadres)
Accésit – Accesibilidade im-posible, Asociación Agora -Centro día 50 €
Accésit – Jardineros de Monforte, Mª Matilda Corral –Peluquería Internacional, 50 €
Accésit – Xurado Patrimonial, Centro Viño Ribeira Sacra, UTE Novas Santiago, 50 €
2º – Peregrino con Perrigrino, Oficina de Atención ó Peregrino, UTE Novas Santiago, 75 €
1º – Labrego vai arrincar patacas á eira, Matilda Somoza González (Guntín), 100 €
PRAZA DE ESPAÑA INDIVIDUAL
2º – Huggy Wuggy llegó a Monforte ¡a jugar!, Abril Blanco Rajo, 75 €
1º – Polo Camino de inverno veño, e en Monforte me deteño, Adelina Deus González, 100 €
CENTROS DE ENSINO COLECTIVO (Máis de 3 compadres)
1º – 75 aniversario Castelao, Colexio Ferroviario, 150 €.

CENTROS DE ENSINO INDIVIDUAL
2º – Gaiteiro Gandariño, CEIP Plur. A Gándara, 75 €

1º– Modelo deseño infantil, ANPA Colexio Escolapios, 100 €
