HomesociedadePedro Blanco reivindica en Láncara o apoio do Goberno ao sector lácteo...

Pedro Blanco reivindica en Láncara o apoio do Goberno ao sector lácteo galego con 56M€ en axudas

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este luns en Láncara a explotación leiteira SAT O Palomar, onde reivindicou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co sector primario galego

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado lembrou que esta partida de 56 millóns de euros do Ministerio de Agricultura para facer fronte á subida dos custos de produción pola seca e a guerra en Ucraína, beneficiou a 6.600 explotacións leiteiras en Galicia e forma parte dun paquete de máis de 80 millóns de euros que chegaron a un total de 33.500 produtores. Así mesmo, puxo en valor os 142 millóns de euros transferidos á Xunta e pagados ás explotacións galegas a través da Política Agraria Común (PAC) na campaña de 2024 e destacou o esforzo especial do Goberno en apoiar o sector lácteo “fundamental no desenvolvemento económico e social de Galicia”, con máis de 3 millóns de euros transferidos á Xunta “aínda sen ter as competencias na materia” para combater a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE).

Acompañado polo propietario da granxa leiteira, Odón Castro, polo alcalde de Láncara, Darío Rodríguez, pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e polo deputado provincial, Pablo Rivera, o delegado puxo en valor “o modelo familiar, sostible, innovador e rendible que representan moitas das granxas galegas e que se exemplifican nesta que hoxe visitamos, mostra de que o noso campo ten futuro sempre que haxa apoio e compromiso, como hai no Goberno de España”.

Así, Pedro Blanco fixo un chamamento á Xunta de Galicia para adoptar medidas eficaces para garantir o futuro do sector agrario galego, “Vemos con moita preocupación como cada ano a política de medio rural da Administración autonómica levou ao peche de 350 explotacións leiteiras. É preciso que a Xunta cambie o rumbo e escoite as demandas do sector”, alertou Blanco. Finalmente, o delegado reiterou que o Goberno de España seguirá apoiando aos gandeiros galegos e traballando para afrontar retos como o relevo xeracional.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...