Homesociedade100 personas fórmanse no PIE de hostalaría en Monforte de Lemos e...

100 personas fórmanse no PIE de hostalaría en Monforte de Lemos e Lugo

A Xunta destina 220.000 euros ao novo Programa Integrado de Emprego que desenvolve a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl) en Lugo e Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial, Javier Arias, acompañado do presidente da entidade, Cheché Real, visitou este luns unha das accións realizadas no marco desta iniciativa, que ofrece a 100 persoas desempregadas a oportunidade de mellorar a súa capacitación para traballar nun ramo con alta demanda de profesionais cualificados.

O programa prolongarase ata o mes de outubro e combina formación propia do sector con accións de orientación e asesoramento noutras materias.

As actividades específicas inclúen cursos de auxiliar de cociña, axudante de camareiro, manipulador de alimentos ou nocións de inglés básico para hostalería, entre outras. Tamén se promoven obradoiros de entrevistas e actividades orientadas a mellorar as habilidades sociolaborais, a fomentar o emprendemento ou a favorecer o manexo das novas tecnoloxías. Ademais, prevese a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas.

Arias destacou a utilidade destas accións, que parten dun obxectivo mínimo de inserción laboral do 45% do alumnado, “Os participantes non só melloran a súa cualificación senón que tamén entran en contacto co mercado de traballo, que moitas veces é o máis difícil para as persoas que buscan unha oportunidade laboral”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...