HomesociedadeO municipio de Chantada presume de ter unha taxa de criminalidade por...

O municipio de Chantada presume de ter unha taxa de criminalidade por debaixo da media

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, aprobou, xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela, o dispositivo de seguridade da 42ª edición da ‘Feira do viño de Chantada 2025’, que celebrará entre o 7 e o 9 de marzo na localidade lucense. Fixérono na xunta local de seguridade, na que a subdelegada destacou que o obxectivo do operativo disposto é que, durante a celebración, “a veciñanza só se teña que preocupar de divertirse e de pasalo ben”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, aprobou, xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela, o dispositivo de seguridade da 42ª edición da ‘Feira do viño de Chantada 2025’, que se celebrará entre o 7 e o 9 de marzo. Fixérono na xunta local de seguridade, na que a subdelegada destacou que o obxectivo do operativo disposto é que, durante a celebración, “a veciñanza só se teña que preocupar de divertirse e de pasalo ben”.

Isabel Rodríguez sinalou que Chantada mantén unha taxa de criminalidade que se sitúa 6 puntos por debaixo da media da provincia e 12 por debaixo da autonómica. “O municipio rematou o ano 2024 cunha taxa de criminalidade de 22,9 delitos por cada mil habitantes, case un 3% inferior á do ano anterior. Uns datos que demostran que se está a traballar ben e que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado auxilian a veciñanza e traballan por e para ela”, apuntou a subdelegada.

A subdelegada recordou que o concello de Chantada é un dos adheridos ao Sistema VioGen, que permite o seguimento dos casos de violencia de xénero, que se leva a cabo a través do Ministerio do Interior. Entre 2020 e 2024 Chantada recibiu máis de 55 mil euros para as actuacións de formación e sensibilización contra a violencia de xénero.

A subdelegada de Lugo recordou a importancia das actividades que a Garda Civil promove no concello a través do Plan Director de Eduación. “A Garda Civil desenvolveu, o ano pasado, e grazas ao Plan Director do Ministerio do Interior, 7 charlas sobre acoso e ciberacoso, 4 sobre adiccións, 2 sobre delitos de odio e unha sobre seguridade viaria. Temas que deben estar á orde do día para que a nosa xuventude saiba reaccionar no caso de toparse con este tipo de situacións”, sinalou a subdelegada.

Nese senso, felicitou ao concello e as Forzas e Corpos de Seguridade por impartir, no que vai de curso, 4 conferencias e programar, nos próximos meses, outras trece. Neste senso, o Concello e a Comandancia da Garda Civil organizarán actividades formativas ao redor do 2 de maio, o Día Internacional contra o Acoso escolar. “A isto me refiro cando falo de colaboración entre as diferentes administracións. Isto é o claro exemplo de cooperación”, sinalou a subdelegada.

ÚLTIMAS

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...

A fábrica de cemento Oural, Premio Excelencia Química Empresarial de Galicia 2025

Este premio, o maior recoñecemento na comunidade autónoma galega ao sector da Química Empresarial,...

80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias visitou a localidade para comprobar a marcha...