A tarde deste xoves 27 de febreiro celebrouse o ‘Xoves de Comadres’ no Concello de Monforte. A choiva fixo acto de presenza e desluciu un pouco o encontro, feito que non impediu que os participantes amosaran as súas creacións que concursaban no certame deste ano.
En representación do concello estiveron o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón. Os dous deron a coñecer os gañadores e gañadoras e axudaron tamén a guindar as comadres para ser queimadas na fogueira.
No que respecta á participación, por Barrios Colectivos participaron 7 asociacións cun total de 35 comadres; na categoría de Barrios individual foron 8 participantes, con 16 comadres en total; en Centros de ensino colectivo houbo 2 participantes; en Centros de ensino individual, 3; e na categoría individual, 5. Todas as Comadres merecen un grande aplauso pola dedicación, mais o detalle do Colexio Ferroviario dedicándolle os seus traballos á mercería e tenda de teas “Fildar” de Monforte foi digno de admirar como recoñecemento a toda “unha vida entre teas” ofrecendo solucións no día a día pero tamén en eventos coma o Entroido ou a Feira Medieval.
Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima da Comadre oficial, elaborada pola asociación Albores, e a continuación o resto de comadres que quixeron sacrificar as e os creadores das mesmas.


PREMIOS XOVES DE COMADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2025
Para este Xoves de Comadres destináronse 1.860 € que foron repartidos do seguinte xeito segundo o premio acadado por categoría.
Crítica social
–A intelixencia artificial humanoide chegou para quedarse, Asociación Agora, 150 €.
Barrios colectivo
Accésit – A princesa por o Cabe, Asoc. Veciños Barrio de Cobas, 75 €.
Accésit – Queremos playa, MªMatilda Corral-Peluquería Internacional, 75 €.
Accésit – Camiño de Inverno en Outeiro, Mª Luz Prieto Rodríguez (Moreda), 75 €.
2º – A intelixencia artificial humanoide chegou para quedarse, Asociación Agora, 120 €.
2º- Exipto, Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 120 €.
1º – Adios Franco, hola libertad, San Julian de Tor, 150 €.
Barrios individual (ata 3 compadres)
Accésit – As faraonas, Geriatros Domus Monforte 50 €.
Accésit – Fisio multitarefa, Patricia Prieto Díaz, 50 €.
Accésit – As concelleiras pandereteiras, Silvia García Vázquez, San Juan de Tor, 50 €.
2º – Lavandeira no rego esparracha, Miguel Somoza González (Guntín), 75 €.
1º – Las obras sin fin, Asociación Agora-Centro día, 100 €.
Praza de España individual
Accésit – La muñeca del juego del Calamar, Adelina Deus González, 50 €.
Accésit – El río Cabe guía a Moana, Mª del Carmen Toyos Fontenla, 50 €.
Accésit – A cantante do Cabe, Anxo Rodríguez-Sandra Losada Rodríguez, 50 €.
2º – Polo san Blas, a cegoña verás, Leo Salgueiro Blanco, 75 €.
1º – A vendimiadora do Cabe, Rodrigo Martínez-Sonia Faria, 100 €.
Centros ensino colectivo (Máis de 3 compadres)
2º – As casiñas de Rosalía, CEIP Monforte, 120 €.

1º – Unha vida entre teas: grazas Fildar, Colexio Ferroviario, 150 €.
Centros ensino individual
2º – Ansiedad, Colexio Torre de Lemos, 75 €.

1º– Reciclada, ANPA Colexio Escolapios, 100 €.
