HomesociedadeA partir do 5 de marzo córtase ao tráfico a LU-P-4103 no...

A partir do 5 de marzo córtase ao tráfico a LU-P-4103 no concello de Pantón

A empresa UTE RIV Ourense-Monforte será a encargada de realizar os traballos de mellora na vía provincial, o que obrigará a cortar a estrada entre os puntos quilométricos 12,100 e 13,400. O corte afectará a circulación durante aproximadamente tres semanas, período no que se levarán a cabo os traballos de reparación do firme.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo informa de que a partir do vindeiro mércores, 5 de marzo, quedará cortada ao tráfico a estrada LU-P-4103 no concello de Pantón, como consecuencia dos traballos de renovación do firme afectado polas obras ferroviarias incluídas no Proxecto Constructivo de Renovación de Vía do Tramo Ourense-Monforte de Lemos. Línea 810, promovidas por ADIF.

As intervencións realizaranse de luns a venres en horario diurno, co obxectivo de mellorar a seguridade e durabilidade da estrada, que se viu degradada debido ao paso de tráfico pesado inducido polas obras ferroviarias. Instalarase a sinalización viaria pertinente e habilitaranse rutas alternativas. 

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...