HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela coñece Melilla

Alumnado do IES A Pinguela coñece Melilla

O alumnado de 3º ESO vén de viaxar a Melilla, primeiro destino da nova Agrupación de Centros Educativos que conforman o IES A Pinguela xunto co IES Valle del Segura, de Blanca (Murcia), e o IES Leopoldo Queipo de Melilla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela foi seleccionado polo Ministerio de Educación para participar nun proxecto sobre “Diversidad medioambiental como herramienta educativa para el fomento de la educación ecosostenible”. Grazas a esta iniciativa, a pasada semana puideron visitar Melilla coñecendo unha cidade multicultural que fai fronteira con Marrocos e onde conviven musulmáns, cristiáns, xudeus e hindús.

Foron recibidos no Palacio de la Asamblea, sede da Cidade Autónoma, onde tiveron a recepción polo presidente da Cidade, Juan José Imbroda –o que fora adestrador de basket– e coincidiron con Luis de la Fuente –seleccionador nacional de fútbol–. Alí puideron sacar fotos cos últimos títulos da selección de fútbol.

O alumnado de 3º da ESO fixo tamén un recorrido pola Melilla Sefardí onde visitaron o Museo de Historia, Arqueoloxía e Etnografía da cidade e o Fuerte Victoria Grande. Así mesmo realizaron unha ruta guiada por Melilla la Vieja –un baluarte rodeado de auga excepto pola parte que a une ao continente e gracias ao que Melilla resistiu centos de asedios e clave para entender a historia da cidade– onde viron os antigos Alxibes, as covas refuxio do Conventico, as covas escondidas, as celas antigas…

Foto de familia no ‘Acuartelamento do Tercio’. Foto: IES A Pinguela

Dende o punto de vista medioambiental visitaron a incineradora, onde se tratan os residuos sólidos urbanos e recuperan enerxía durante o proceso, e a depuradora de augas residuais. Finalmente, e para ter algo de lecer, realizaron actividades de kaiak e vela no Club Marítimo.

Practicando Vela. Foto: IES A Pinguela.

No IES Leopoldo Queipo, centro anfitrión, participaron nunha xornada de convivencia onde o mago Serapín ofreceulles un entretido showe e o alumnado da ESO local deulles a coñecer os costumes familiares das súas distintas comunidades, gastronomía, relixión, arte e baile.

Como remate á semana cultural de intercambio realizaron unha visita ao Acuartelamento do Tercio “Gran Capitán” 1º da Lexión.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...