HomesociedadeO entroido move visitas á Ribeira Sacra

O entroido move visitas á Ribeira Sacra

A ocupación en aloxamentos dende o pasado venres ata o martes de entroido foi do  61,26%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra vén de informar que a ocupación en aloxamentos durante este pasado Entroido, nomeadamente de venres a martes, foi do  61,26%. Este dato indica que houbo máis de 14 puntos sobre as previsións que se manexaban a semana anterior que eran do 42%.

OCUPACIÓN POR ESTABLECEMENTOS

Hoteis de 4 e tres estrelas: 83,3 % na fin de semana // 58 % luns-martes.

Turismo rural: 72,2 % na fin de semana // 54,6 % luns-martes.

Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: ocupadas o 62,5 % das VUT/VT na fin de semana // ocupadas o 37,5 % de luns a martes.

Resto aloxamentos: 73 % na fin de semana // 49 % luns-martes.

E para rematar o balance, a xerencia do Consorcio sinalou que “a ocupación viuse incrementada con reservas de última hora, seguramente debido ás boas previsións meteorolóxicas, e a hostalería tivo numerosa clientela do territorio e de zonas próximas facendo difícil atopar mesa sen reserva previa nestes días de Entroido”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...