HomesociedadeSete olivicultores na XXV Feira do Aceite de Quiroga que chega con...

Sete olivicultores na XXV Feira do Aceite de Quiroga que chega con novidades

A celebración do “II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga”, a dobre localización e a creación da figura do “Embaixador do Aceite de Quiroga” son as grandes novidades coas que se presenta esta nova edición da Mostra do Aceite de Quiroga, a celebrar os días 29 e 30 deste mes de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste segundo congreso, que se realizará o sábado 29 de marzo no Auditorio Municipal, a partir das cinco da tarde, contarase co presidente da APAAG (Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia), Alfonso Rodríguez Udías, exporá a “Situación do cultivo da oliveira en Galicia”. Das “Novas variedades de oliveira autóctona de Galicia, únicas no mundo”, falará a científica do CSIC, Carmen Martínez.

Baixo o título de “O Aceite de oliva extra na alimentación saudable” acóllense as intervencións de Ana Belén Crujeiras Martínez, investigadora principal do IDIS (Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago) e vogal da SEEDO (Sociedad Española para el Estudio de la Obesidad); e do Chef galego, premio Gastronomía Saudable no 2024 outorgado pola Sociedade Española da Obesidade, Kike Piñeiro.

O congreso rematará ás oito do serán coa demostración de cociña con aceite de Quiroga e degustación das tapas elaboradas polo Chef Gerson Iglesias do restaurante Erva Hotel Oca Villa de Allariz e dos Chef Diego Domínguez e Maica Couto do local A Ostrería do Mercado de Abastos de Santiago. A música do grupo local O Recanto pechará o II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga.

A outra das grandes novidades é a dobre localización na xornada do día 30 de marzo. Na xornada do domingo os postos de venda situaranse, a partir das once da mañá, na praza do Auditorio Municipal e realizaranse actividades aproveitando as instalacións municipais que a rodean. Pero tamén funcionará o Muíño de Aceite de Bendilló, para que os visitantes poidan seguir vendo a elaboración tradicional do aceite. Para facilitar o desprazamento ata o muíño sairán autobuses gratuítos dende a praza do Auditorio ás 11:00h, ás 12:00h e a 13:00h.

Sete son os olivicultores que participarán na Mostra do Aceite de Quiroga, Festa de Interese Turístico de Galicia, que este ano chega a súa XXV edición. Para poder participar nesta mostra eran requisitos imprescindibles contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite. Requisitos que os sete participantes – Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento- cumpriron.

O domingo para o 25 aniversario da mostra, realizaranse degustacións comentadas dos aceites participantes na mostra. As degustacións levaranse a cabo na sala de catas do Museo Etnográfico ás 12:00, ás 13:00 e ás 16:30h.

Por primeira vez contarase cun embaixador do aceite, ás 13:30 nomearase como I Embaixador do Aceite de Quiroga ao Chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago Compostela. Xa nomeado como I Embaixador, o Chef realizará unha demostración de cociña cos aceites de Quiroga como protagonistas.

Durante esta xornada o recinto feiral estará animado polo grupo de música tradicional “O Ventosiño” e coa música de raíz de Xavier Blanco da Fundación Legar no anfiteatro do recinto rematará a XXV Mostra do Aceite de Quiroga.

ÚLTIMAS

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...