HomeEconomíaMonforte inviste 140.000€ na renovación da sinalización horizontal de 128 rúas da...

Monforte inviste 140.000€ na renovación da sinalización horizontal de 128 rúas da cidade

Ata o 31 de marzo está aberto o prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte destina un orzamento de 139.828,38 € a esta obra que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 128 actuacións en rúas e vías de titularidade municipal ó longo de todo o Concello.

Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 2 e mércores 9 de abril, ás 9 horas. Os criterios de adxudicación serán:

  • Prezo: 60 puntos
  • Memoria técnica: 40 puntos

Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal da cidade, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 2 meses.

O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos,  etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.

A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...