Homesociedade'O Circo de Pinocho' chega a Monforte

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Trátase do novo espectáculo da empresa cultural Educateatro Producións que combina números de circo con teatro musical baixo unha grande carpa. Estará en Monforte os días 14, 15 e 16 de marzo.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a historia do mítico Pinocho combinando o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo. A carpa está xa montada no lugar habitual para este tipo de eventos, na explanada da Rúa Sarria, e as funcións terán lugar os días 14, 15 e 16 de marzo .

A estrea será este venres 14 ás 18:30 h. e haberá un desconto de 5 € por espectador/a. Despois, o sábado a función terá lugar ás 17:00 h. e o domingo 16, como peche, faranse dous pases; un ás 12:00 h. e outro ás 17:00 h. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na billeteira ata 1 hora antes do espectáculo sendo a duración é de 2 horas cun descanso de 15 minutos.

A montaxe corre a cargo da empresa cultural Educateatro Producións, dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos infantís e familiares.

O ESPECTÁCULO

Despois de que a Fada Mimadriña convertese a Pinocho nun neno de verdade, o noso protagonista cumpre o seu soño e monta o Circo de Pinocho. Geppeto será o pallaso, a Fada o trapecista e Pepiño Grilo o mestre de cerimonias, pero… faltan o resto de artistas! Geppeto construirá os bonecos que realizarán números de corda frouxa, equilibristas, malabarista, acróbatas… e a Fada Mimadriña daralles vida co seu conxuro.

Co que non contaba ninguén é que este mesmo feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira.

Durante o fantástico espectáculo de circo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia.

Poderán os protagonistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...