HomesociedadeO cartel "O Curso do Viño" anunciará a XLIII Feira do Viño...

O cartel “O Curso do Viño” anunciará a XLIII Feira do Viño de Quiroga

O equipo de Goberno de Quiroga vén de presentar o cartel gañador da XLIII Feira do Viño de Quiroga, que se celebra o 18, 19 e 20 de abril. O deseño gañador é obra da deseñadora, Laura Maquieira González, que por primeira vez se presenta a un concurso de deseño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pesar de non residir en Quiroga, a autora si visita habitualmente Os Anguieiros – aldea natal materna -, e realiza rutas polo municipio frecuentemente, aínda que recoñece non ter participado nunca na feira do viño, algo que ten pensado facer este ano.

Segundo Laura Maquieira, o cartel invita a ver o viño de Quiroga como un elemento que conecta a súa historia, a súa terra e a súa xente, regando con vida cada recuncho do concello e celebrando a unión da natureza e a cultura a través da Feira do Viño.

A composición xira arredor dunha botella de viño que verte o seu contido, simbolizando a súa riqueza. O viño flúe como un río a través dos monumentos máis representativos conectándoos de xeito lúdico e orgánico. O túnel romano de Montefurado; o mural de Erundina, a vendimadora sobre rodas; a igrexa de San Miguel de Montefurado; o muíño de aceite de Bendilló; a igrexa de Santa María da Ermida; a capela das Farrapas; a silueta das montañas do Courel e a igrexa de San Martiño de Quiroga represéntanse en siluetas negras. O viño, branco e tinto, serpeante a través da paisaxe,  remata en vasos e cuncas, está elaborado cun bordado a man sobre tea, feito de xeito intencionadamente libre para reflectir a autenticidade e a artesanía do viño local.

O cartel foi escaneado para manter a textura artesanal e trasladado a un formato impreso de alta calidade. É este será o cartel que a partir de agora anuncie todo o relacionado coa  XLIII Feira do Viño de Quiroga.

Este concurso está premiado con 450 €, un diploma acreditativo e botellas de viño das adegas participantes na feira desta edición.

ÚLTIMAS

A posta en valor do sector agroalimentario centra un encontro entre o alcalde de Bóveda e o director de AGACAL

Durante o encontro abordouse a importancia de seguir avanzando na valorización das producións agroalimentarias,...

Comezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

A capitalidade de Ribas de Sil, San Clodio, comeza este mércores, 12 de agosto,...

A Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na súa rehabilitación

Este martes, 11 de agosto, o alcalde do Incio mantivo unha reunión de traballo...

Chantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Guiaron o encontro o astrofísico, Borja Tosar e a optometrista, Teresa Feás e María...