HomesociedadeMercado de oportunidades en Monforte para pechar a tempada de inverno

Mercado de oportunidades en Monforte para pechar a tempada de inverno

Está organizado polo comercio asociado monfortino e será esta fin de semana, 15 e 16 de marzo, na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos. Adeais, sortearanse 500 € entre aqueles e aquelas que merquen e depositen a súa papeleta nunha urna.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Baixo o título As Oportunidades de Inverno do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte” vólvese celebrar un mercado de fin de tempada os días 15 e 16 de marzo no espazo expositivo que hai anexo á Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

As tendas participantes ofrecerán grandes descontos de fin de tempada superando nalgúns casos o 80% en moda, calzado, bebé, complementos, accesorios para mascotas, lenzaría, decoración, mercería, agasallo… As 10 tendas asociadas que participan nesta ocasión son: Intima´s Lencería, FYM Moda, Mercería Carmen, Sapitos y Sirenas, Cactus Rose, Carpe Diem, Da Nosa Terra, Sabrina Moda, Mimos e Kyri Mascotas.

Descontos de ata o 80% e 500 € en xogo nun sorteo entre a xente que faga compras

PREMIO DE 500 €
Aquelas e aqueles que realicen unha compra entre o 15 e o 16 de marzo de 2025 nalgún dos 10 postos participantes na Feira de Oportunidades de Inverno do CCU terán a opción de participar nun sorteo de 500 € en compras. Con cada compra, independentemente do seu importe, recibirase unha papeleta para cubrir cos datos persoais (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e posteriormente depositar nunha urna que hai no mesmo recinto expositivo.
O premio para a persoa que resulte gañadora serán 500 € en compras repartidos en 50 € a gastar en cada un dos 10 establecementos participantes na campaña: Intima´s Lencería, FYM Moda, Mercería Carmen, Sapitos y Sirenas, Cactus Rose, Carpe Diem, Da Nosa Terra, Sabrina Moda, Mimos e Kyri Mascotas.

CANDO SERÁ O SORTEO?

O sorteo terá lugar na Praza de Abastos de Monforte de Lemos o domingo 16 de marzo de 2025 ás 19:00 horas. A persoa agraciada no sorteo terá que estar presente fisicamente no lugar do sorteo no momento da selección da papeleta gañadora, pois en caso contrario perdería o dereito ao premio e, pasados 5 minutos sen avisar da súa presenza, procederase a extraer outra papeleta de forma aleatoria. A persoa premiada terá un prazo de 15 días para trocar o seu premio (10 vales de 50 €) en cada un dos 10 establecementos asociados ao CCU participantes no sorteo.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...