HomesociedadeCortes na N-540 os venres 4 e 11 de abril en protesta...

Cortes na N-540 os venres 4 e 11 de abril en protesta polo seu estado

Os venres 4 e 11 de abril, no punto kilométrico 51 da N-540 (á altura de Vilela en Merlán), no municipio de Chantada está convocado un corte da estrada ás 11:00 horas para protestar polo mal estado da vía. A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra anuncian que participarán nos cortes e animan aos asociados a acudir.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cortes durarán 15 minutos e tentarán chamar a atención sobre as fochancas, gretas, falta de sinalización e pouca iluminación da estrada. Dende a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra aseguran apoiar firmemente a protesta, “xa que o estado da Nacional 540 afecta de xeito direto a todo o tecido empresarial e comercial da vila”.

En decembro de 2023 xa se fixera unha mobilización para exixir o arranxo da estrada nacional, ademáis de remitir unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, pedindo unha solución definitiva.

“O pésimo estado de conservación da Nacional 540 fai que sexa moi perigoso circular por varios tramos, e, malia a mobilización de 2023, neste tempo só se acometeron parches, sen dar unha solución real ao problema”, insisten e animan a todos os seus asociados e asociadas, así como a toda a veciñanza de Chantada, a sumarse a estas mobilizacións.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...