Con este acordo Xanela poderá comercializar os seus servizos sobre a rede FTTH de Bluevía en Galicia, incrementando de maneira notable o seu alcance: grazas a esta nova rede, que se une a Rede Aberta e Adamo Whosale, a empresa chantadina alcanzará o 100 % do territorio galego.
Xanela é unha das empresas pioneiras no sector de servizos de fibra rural en Galicia. Aseguran que “o seu obxectivo foi sempre reducir a fenda dixital entre o rural e as cidades e ofrecer as mesmas oportunidades de desenvolvemento a quen vive nas zonas menos poboadas da comunidade autónoma”.
Xanela superou en 2024 os 13.000 clientes: a empresa pechou o pasado exercicio con 36.000 servizos activos e unha facturación de 4,1 millóns de euros, 500.000 € por encima das previsións. Dos 36.000 servizos activos en Galicia, a fibra é o bloque maioritario, seguida polas liñas móbiles, o teléfono fixo e o servizo de televisión, nesa orde.
Xanela está establecida nas catro provincias galegas, e o obxectivo para 2025 é alcanzar os 5 millóns de euros de facturación, así como seguir apostando pola dixitalización do rural galego e converterse na operadora galega de referencia. O 80 % dos clientes de Xanela viven en zonas rurais, o que confirma que a aposta da empresa por establecerse e dar traballo no rural, así como centrarse en dotar de conexión de fibra ás pequenas
localidades galegas, foi un acerto. Na actualidade, Xanela dá traballo de forma directa a 40 persoas e ten máis de 50 puntos de venda e tendas nas catro provincias galegas

Xanela