HomesociedadeA XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

José Tomé incidiu en que “é de xustiza que a Xunta de Galicia nos outorgue un recoñecemento coma Feira de Interese Turístico Galego".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que se celebrará os vindeiros 19 e 20 de abril. O alcalde de Monforte anunciou o desenvolvemento dunha campaña de promoción “igual de intensa que a que fixemos nos pasados anos, para que a xente poida incluír a Feira Medieval dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións de Semana Santa”.

Na presentación o Alcalde fixo énfase en que “por fin chegamos ós 21 anos de Feira Medieval de xeito ininterrompido, e a pesar de non ter aínda comunicación de si será recoñecida como Feira de Interese Turístico Galego, o Equipo de Goberno mantén intactas as ilusións e esperanza de que así sexa e de que pronto poidamos celebrar este recoñecemento tan merecido.”

Para o cartel escolleuse unha imaxe real da propia Feira do pasado ano e adaptouse a cartel, “porque pensamos que a nosa Feira Medieval ten empaque suficiente para promocionarse por si mesma”. En canto á proposta audiovisual, “está configurada a través dunha música heroica, intensa e que vai in crescendo, acompañando imaxes de recompilación dos eventos máis destacados da Feira Medieval”.

O vídeo recolle así o que son os eixos centrais protagonistas da Feira para amosarnos un reencontro coa época medieval de Monforte de Lemos: os espectáculos de cetraría, o Mercado medieval con 140 postos este ano, o Campamento medieval, as Xustas e o Gran Torneo medieval, o Campamento infantil, os espectáculos de luz e son no Palacio Condal ou na Praza do Campo de San Antonio, ou a solta de faroliños dende a praza Luis de Góngora.

Este vídeo será proxectado no MUPI do Cardenal, no Mercado para a Medieval, e nas pantallas que se ubicarán durante a celebración da Feira en San Vicente e na Praza de España.

Unha versión máis reducida do vídeo, de algo mais de 2 minutos, será a que se faga circular polas nosas redes sociais e na páxina web do Concello, para acadar a máxima difusión posible deste evento: Vídeo oficial: https://youtu.be/_azG_jOBEjI  Vídeo oficial (versión extendida): https://youtu.be/kLumn9oNT2c

Presentación do programa oficial durante o Mercado para a Medieval

O terceiro elemento de promoción da Feira Medieval será o Programa Oficial, que será dado a coñecer durante a inauguración do Mercado para a Medieval, o sábado 5 de abril ás 11:30 horas na Praza de Abastos, “mercado co que queremos animar ás ventas relacionadas con produtos relacionados coa Feira Medieval”.

Neste mercado o visitante atopará unha gran variedade de postos adicados á venda de traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, bixutería, complementos, un salón de peiteado e maquillaxe, ideas para a decoración de establecementos de hostalería….é dicir,  todo o necesario para poder lucir o “máis medievo posible” nesta nova edición da Feira Medieval.

O Alcalde concluíu a súa intervención destacando que, “Monforte revive por 21ª ocasión o esplendor medieval do seu pasado”, unha cita imprescindible en Galicia, á que agardamos que, como nas últimas edicións acudan miles de visitantes, e que contemos tamén coa colaboración e implicación dos nosos veciños, e da nosa hostalería e do noso comercio”.

ÚLTIMAS

Na madrugada do 3 de abril cortarase o subministro de auga ao núcleo de Monforte

Dende o Concello de Monforte informan da interrupción do suministro de auga durante este...

45.000€ para axudas á natalidade neste 2025 no Concello de Chantada

O Concello de Chantada convoca axudas á natalidade para este 2025 que se publicaron...

Ordenación do tráfico do 2 ao 6 de abril pola celebración das festas de Carud en Monforte

Procederase ó corte das rúa Sober e entrada á Pinguela e rúa e praza...

A Feira do Viño de Quiroga homenaxea aos pioneiros neste certame vitícola

Unha comisión presidida polo Tenente de Alcalde, Vicente Parra, encargarase de crear un acto...