HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará no 38º Salón Gourmets, a Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se celebrará do 7 ao 10 de abril de 2025 en IFEMA Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia no sector da gastronomía de alta gama. Con máis de 2.100 expositores e unha superficie de exposición de 90.000 m², agárdase a asistencia de máis de 100.000 visitantes profesionais, incluíndo 15.000 estranxeiros de 100 países. O volume de negocio xerado supera os 230 millóns de euros, e preséntanse anualmente arredor de 1.500 novos produtos.

A D.O. estará presente no pavillón 6, dentro do stand Genuina Ourense da Deputación (stand B30), onde ofrecerá unha selección de 20 viños representativos. Ademais, o Consello patrocinará o 4º Campionato de España de Pizzas Gourmet by D.O. Ribeira Sacra, que terá lugar no pavillón 8 o día 9 (Escenario de Pizzas – 8C40). Este campionato é unha das actividades destacadas do Salón Gourmets, reunindo aos mellores pizzeiros do país para competir en diversas modalidades. O xoves 10 ás 14:30 realizarase a entrega de premios deste campionato. Un dos criterios relevantes para elixir aos campións será a harmonización das súas pizzas con viños da D.O. Ribeira Sacra.

Así mesmo, Beth Willard, autora de Galicia 2025 Report para Tim Atkin, onde estableceu o Top 100 dos viños galegos, realizará dúas masterclass con viños da Ribeira Sacra. Estas terán lugar o luns 7 ás 12:30 e ás 17:30. Neste espazo poderase gozar, ademais do anterior, de 15 viños de distintas adegas da D.O. durante os 4 días que dura o evento.

A participación da D.O. Ribeira Sacra neste prestixioso evento subliña o seu compromiso coa promoción dos seus viños, brindando unha oportunidade única para que profesionais e afeccionados descubran a súa calidade e diversidade.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...