HomesociedadeCortes de rúas e ordenación do tráfico este 5 de abril en...

Cortes de rúas e ordenación do tráfico este 5 de abril en Monforte

O Concello de Monforte informa dos cortes de tráfico de vehículos e da ordenación de tráfico que se realizará este sábado, 5 de abril pola celebración de dous eventos que terán lugar na cidade: o desfile de traxes medievais e a Volta Ciclista a Lugo Master.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende as 17:30 h ata as 20:00 h permanecerá pechado o tráfico de vehículos, no tramo comprendido entre a parte alta da Praza de España, na rúa Panaderías e en toda a Rúa Bailén para a organización e celebración do Desfile de traxes medievais que terá lugar ás 18:30 horas do sábado día 5 dende a entrada do mercado da Praza de Abastos ata a entrada do espazo gastronómico.

Na rúa de Santo Domingo soamente se poderá circular en sentido de subida, dirección San Vicente, excepto o tramo entre o Campo da Virxe e a Porta da Alcazaba, polo que tamén poderán baixar os usuarios que teñan como destino a Rúa Falagueira e o entorno da Cárcere Vella.

Tamén nesta xornada prevese que sobre as 18:18 h pasará por Monforte a Volta Ciclista Lugo Master que ten o percorrido seguinte: a pelotón da carreira entrará por C/ Morín ata o cruce da C/San Pedro, seguindo pola Ronda María Emilia Baamonde ata a glorieta “Do Hórreo”. Dende alí xiran dirección saída da cidade pola Carretera de Chantada. Todo o tramo do percorrido e o acceso ó mesmo das vías colindantes, permanecerá pechado mentras dure o evento.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...