HomesociedadeXornal de Lemos acada en tempo récord converterse en referencia informativa no...

Xornal de Lemos acada en tempo récord converterse en referencia informativa no sur de Lugo

En pouco máis de 7 meses Xornal de Lemos conquistou aos lectores de información dixital, o mesmo que seus socios Lugo Xornal e Xornal da Mariña. Pola súa banda, Galicia Confidencial, seu socio de ámbito autonómico confírmase como líder da prensa en galego e terceiro xornal de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O 17 de maio nacían Xornal de Lemos, Xornal da Mariña e Lugo Xornal, facíano como unha fonte alternativa de información á hexemonía dos grandes medios tradicionais. Os tres xornais, escritos íntegramente na nosa lingua, están orientados á información local e comarcal, dando conta da actualidade política, económica, cultural, deportiva e social.

Estes tres medios completan a oferta informativa da provincia. Editados por Xornal de Lugo S.L., teñense convertido en referentes informativos da provincia xunto con La Voz de Galicia e El Progreso de Lugo. Ademais, están asociados a Xornal de Vigo, o gran medio dixital do sur de Pontevedra, e Galicia Confidencial (www.galiciaconfidencial.com), o principal xornal en galego e o terceiro medio dixital de Galicia, que lle dá soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.

A isto hai que sumar o crecemento en redes socias. Galicia Confidencial é o xornal en galego con máis seguidores (54.000) e foi o primeiro en lingua galega en superar os 30.000 en Facebook. Pola súa banda os xornais asociados na provincia de Lugo son os que máis medraron en redes sociais e en número de visitas nas súas respectivas comarcas nos últimos meses.

O máis lido de Xornal de Lemos

A nivel xeral sucesos e sociedade son os temas preferidos polos nosos lectores. Entre o máis visitado destaca a conversa coa xornalista, Julia Otero, coincidindo con que pregoaba as festas de Monforte, e que tivo case 6.000 visitas directas ao xornal. A batalla de Repil (A Pobra do Brollón), contada polo arqueólogo, Xurxo Ayán, foi outra das máis lidas, ao igual que o anuncio de colocación dun novo radar no corredor Monforte-Lugo. Detencións en Monforte por tráfico de drogas ou a chiscadela que lle fixemos ao 28 de decembro chamaron tamén a atención dos nosos seguidores.

Na última quincena de decembro, nas redes sociais a presencia de Tim Burton en Monforte, chegou a máis de 5.000 persoas a través de Facebook, compartíndose 106 veces; a Ribeira Sacra máis preto de ser Patrimonio da Humanidade chegou a 4.700 persoas, compartíndose 47 veces; a conversa co físico da Pobra do Brollón, José Luis Rodríguez Sáchez, chegou a 3.000 persoas e compartiuse 31 veces e a conversa coa empresa quiroguesa Armaior, compartiuse 21 veces e chegou a case 5.000 persoas.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...