HomesociedadeO concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A zona na que traballa o alumnado do obradoiro de emprego da Pobra do Brollón, O Incio e Bóveda, localízase no Muíño do Sancho, en Trascastro, á beira do río Antigua.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a actuar na marxe dereita do río Cabe, onde se procedeu a limpar, retirar e queimar a broza acumulada. Tamén se plantaron varias árbores autóctonas e fixeron un macizo de arandos e unha rocalla de plantas aromáticas.

Trascastro / Concello do Incio

A intervención complétase coa colocación varias mesas para habilitar unha pequena área recreativa e de descanso.

A segunda fase, que comezarán nas vinderias semanas, comprende o remprazo dunha antiga ponte que atravesa o río, que vai ser substituída por unha pasarela de madeira. Prevese que todos os traballos estean rematados no verán para poder desfrutar desta nova zona de ocio.

Trascastro / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...