Homesociedade435.000€ para melloras no colexio Xoán de Requeixo en Chantada

435.000€ para melloras no colexio Xoán de Requeixo en Chantada

O conselleiro de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou este venres o Colexio CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo, en Chantada, para anunciar a adxudicación das obras de mellora deste centro educativo por un importe de 435.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O titular de Educación do Goberno galego subliñou a importancia que esta intervención suporá para “a mellora do benestar e confort dos case 300 estudantes e do profesorado”. Ademais, destacou que esta actuación, enmarcada no Plan de nova arquitectura pedagóxica, reflicte a aposta da Xunta pola mellora das infraestruturas educativas de Chantada, con tres actuacións en marcha que suman un investimento de 1,1M€.

Así pois, ademais da obra que se vai iniciar no Xoán de Requeixo, a Consellería de Educación está a piques de rematar a construción do novo salón de actos do Instituto IES Lama das Quendas, cun 90 % dos traballos xa executados e un investimento de máis de 675.000 que permitirán dispoñer dun  novo espazo con case 348 m² e aforo para 206 persoas, ademais de tres prazas de reserva para cadeiras de rodas.

Así mesmo, xa están concluídas as melloras no Instituto IES Val do Asma. Trátase dunha intervención na que se investiron preto de 300.000€ para a substitución de 89 ventás e tres portas do edificio 1 e da aula taller, así como a renovación de canlóns e falsos teitos.

Melloras no edificio e no comedor

A actuación no Colexio Plurilingüe Xoán Requeixo inclúe melloras tanto no edificio de aulas como no comedor. No primeiro deles acometerase o cambio de 165 fiestras e oito portas, instalando novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica, incluíndo tarefas de pintura alí onde se realicen estas tarefas. Tamén se realizará o cambio de 330m² de cuberta na zona do ximnasio, onde se colocará unha cubrición de panel metálico, se suprimirá o lucernario e se remodelarán os vestiarios.

No edificio de comedor mudaranse os dous tramos de cuberta que aínda teñen cubrición de tella por un panel sándwich de 30 mm de espesor. En ambos os dous edificios renovaranse os canos e as baixantes.

Logo da sinatura do contrato, a idea é iniciar os traballos o vindeiro mes de maio co obxecto de que estean rematados en setembro, coincidindo co inicio do curso escolar.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...