HomesociedadeO Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras...

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou este luns que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible afrontará a rehabilitación do firme da N-540 ao paso pola provincia tras a Semana Santa. A partires destas datas festivas, a actuación entrará nunha nova fase na que se impulsará a renovación de todo o firme, tal e como está indicado no contrato, para mellorar a seguridade viaria neste tramo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario entre os km 0,000 e 68,900, na provincia de Lugo. Esta obra inclúe a rehabilitación estrutural e superficial do firme e aquelas actividades complementarias que sexan necesarias para manter os niveis de servizos. A obra consistirá principalmente nun fresado de parte do firme existente, seguido dun recrecido en varias capas entre as que se dispoñerán elementos adicionais de adherencia.

Nas zonas singulares, que son as máis deterioradas, realizarase primeiramente unha demolición do paquete de firmes completo, seguida dunha escavación dun metro de profundidade para, finalmente, repoñer as capas de firme. Así mesmo, será necesaria a regularización dos arcéns, especialmente para garantir a seguridade dos ciclistas e motoristas.

Tras isto, procederase ao repintado de marcas viarias e á disposición dos elementos de balizamento. A obra inclúe a reposición doutros elementos adicionais, como as estacións de aforo e as xuntas de dilatación das pontes existentes no tramo

ÚLTIMAS

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense...

Renfe reforza a conexión Galicia-Madrid con máis de 4.200 prazas extra para viaxar esta Semana Santa

Renfe oferta 4.200 prazas extra para a conexión entre Galicia e Madrid con motivo...

“Quiroga é un viño”, camiseta oficial para promocionar a Feira do Viño que pecha a Semana Santa

Esta semana o rexedor local, José Luís Rivera, presentaba a camiseta realizada para celebrar...

O PP pídelle á Deputación que inicie os trámites para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel

A iniciativa presentouna en rolda de prensa o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, acompañado...