Homesociedade'Val de Quiroga de tapas': a tapa gañadora coñecerase tras o pregón...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

Este mércores, 16 de abril, abríronse na Casa do Concello de Ribas de Sil as urnas cos votos dos participantes no certame gastronómico que se desenvolveu do 4 ao 14 deste mes de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ‘Val de Quiroga de tapas’ celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo de abril e este mércores realizábase o reconto de votos aos petiscos que concursaban dos establecementos participantes de Ribas de Sil e Quiroga. Os rexedores de Ribas de Sil, Roberto Castro, e de Quiroga, José Luís Rivera; así como o Concelleiro de Xuventude quirogués, Luis Manuel Arias e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila foron os encargados de facer o devandito reconto.

Este ano participaron dez establecementos, seis de Quiroga: O Portón (Delicias do Portón), A Botica (Arroutada), Chapacuña 3 (Chipi, chapa, choco), Matrioshka (Raviolis caseros con salsa San Simón), Lago (Lagoyaki de pulpo) e Ruxe-Ruxe (Terra sacra e lume); e catro de Ribas de Sil: A Cabina (Solomío, solo tuyo), Las Vegas (Trampantojo), Restaurante Praia Fluvial (A perla negra) e Mesón Luís (A voltas co churrasco).

O establecemento gañador do reconto de votos darase a coñecer o vindeiro sábado tras o pregón da Feira do Viño, cando se lle faga entrega dunha placa conmemorativa e 100 € en metálico.

Pero ademais os tapacartóns depositados nas urnas polos participantes que completaron a degustación das tapas entraron nun sorteo no que podían gañar diferentes premios, dende 200 € ata comidas ou cestas con produtos típicos da zona.

Tanto os representantes de cada concello como a representante da hostalaría cualificaron o concurso de éxito e destacaron a cantidade de veciños e visitantes que se moveron durante a súa duración polos establecementos participantes.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...