HomesociedadeDo 28 ao 30 de abril córtase ao tráfico a estrada LU-P-1801,...

Do 28 ao 30 de abril córtase ao tráfico a estrada LU-P-1801, no concello de Carballedo

A Deputación informa de que a estrada LU-P-1801, no concello de Carballedo, cortarase ao tráfico do 28 ao 30 de abril debido ás obras de reconstrución dun muro de sostemento no punto quilométrico 25,5.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 18,00 e 29,396 desta vía, que conecta Chantada cos Peares, pasando por Nogueira. As actuacións contan cun orzamento de 17.500€. Durante os traballos, habilitaranse desvíos alternativos sinalizados para garantir a circulación e permitirase o acceso a residentes nas zonas afectadas.

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación á empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU das obras de acondicionamento da estrada que conecta Monforte de Lemos e Sober –a LU-P-3201- ó inicio da vía, nun tramo que comprende algo máis da metade do trazado desta estrada, do punto quilométrico 0,814 ao 2,540. O prezo de adxudicación é de preto de 265.000€ e un prazo de duración de 2 meses.

Tamén saíu adiante a aprobación da licitación por máis dun millón de euros do contrato para a prestación do servizo de conservación e mantemento da rede viaria en 9 municipios da zona sur da provincia (Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo). A duración será de dous anos que poderán prorrogarse por outro máis.

No paquete do Plan de mellora das estradas 2025, a Deputación actuará na Pobra do Brollón e Sober, mellorando a LU-P-5903 e xa están licitadas as obras para mellorar a LU-P-4702, que conecta na Ribeira Sacra Vilachá de Salvadur coa Estación da Pobra do Brollón; e a LU-P-0301, de Antas de Ulla ó límite provincial.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...