Homesociedade“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

Este mércores, 30 de abril, ás 18:00 h. terá lugar un novo Faladoiro na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Nesta ocasión a persoa convidada é María Teresa Taboada e o tema que se presenta é: “Aquietar a mente”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de nai e pai, mais criouse e viviu en Madrid, onde se dedicou ao mundo empresarial. Aos cincuenta anos decide volver ao lugar das súas orixes buscando unha mellor calidade de vida e contacto coa natureza. Desde o ano 2018 rexenta na localidade de Quiroga “Espazo Sacro”, un lugar creado co propósito de axudar a potenciar o estado de saúde e benestar a través da práctica de Ioga e Terapia Craneosacral. Ambas técnicas axudan a potenciar a capacidade innata que ten o corpo de autosanar e de atopar o equilibrio, a denominada ‘homeostasis’, unha propiedade dos organismos que consiste na súa capacidade de manter unha condición interna estable, compensando os cambios no seu entorno mediante o intercambio regulado de materia e de enerxía co exterior.

Baixo o suxestivo tema ‘Aquietar a mente’ daranse a coñecer pautas e consellos para axudar a atopar ese equilibrio que moitas veces perdemos. O Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, encargarase de moderar o encontro e convida a participar á veciñanza.

O Faladoiro  é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento. Partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para compartir as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...