HomesociedadeMonforte celebra o concurso dos Maios o día 7

Monforte celebra o concurso dos Maios o día 7

A concentración das montaxes florais características desta festa popular coa que se saúda á entrada da primaveira será este mércores ás 17:30h na Praza de España, onde se fará a lectura das coplas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano, as bases do concurso modificáronse e mentres en edicións pasadas todos os concursantes recibían un premio de 75€, nesta edición, establécese por primeira vez, a división de dúas variantes de concurso: MAIOS E COPLAS e no concurso dos maios, dúas modalidades, “Maios asociacións, colectivos e particulares” e “Maios centros de Ensino”.

En canto ós premios, na modalidade de MAIOS, haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio e un máximo de seis accésits por categoría. O primeiro premio é de 200€ o segundo premio é de 150€ e o terceiro premio é de 100€, en canto ós accésits terán un premio de 75 €.

Tamén se establecen premios na modalidade de COPLAS por primeira vez dende a creación do concurso, de modo que se establecen un primeiro premio de 100€, un segundo premio de 75€ e un terceiro premio de 50€ ademais de 6 accésits de 30€.

Tal e como explicou o Alcalde, “este ano consideramos necesario establecer unha modificación das bases do concurso, porque apreciamos en anos anteriores que había moita diferencia no traballo duns maios e outros e o premio era igual para todos. Para premiar o esforzo da realización tan laboriosa dalgúns traballos, consideramos mais xusto establecer tres premios, como se fai noutros concursos que ten programados o Concello e 6 accésits”.

As solicitudes para a inscrición no concurso dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte dende o día 2 de maio. O último día de presentación das mesmas será o 6 de maio antes das 14:00 h.

Bases

Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos que o desexen, e o tema tratará sobre calquera tipo de Maio.

Os Maios sairán o 7 de maio a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. O xurado do concurso estará composto pola Concelleira de  Cultura ou persoa á que designe, e por persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos. En canto ós criterios de valoración do xurado das copla, terán en conta a interpretación, a posta en escea, a imaxinación, a idea, a orixinalidade, os instrumentos musicais utilizados e o número de compoñentes.

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...