HomesociedadeMáis medios para combater o xeo nas estradas

Máis medios para combater o xeo nas estradas

64 operarios e 32 máquinas acondicionan as vías da rede provincial para garantir unha circulación segura en 35 concellos lucenses

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno da Deputación de Lugo mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de xeo que se están a rexistrar estes días na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da montaña lucense.

Despregouse estes días un dispositivo de 64 operarios e 32 máquinas que están acondicionando estradas para mellorar e garantir unha circulación en condicións óptimas de seguridade. Entre outros labores están distribuíndo sal para evitar a acumulación de xeo.

Dada a previsión de que continúen as baixas temperaturas ao longo destes días o dispositivo manterase activado e, se fose preciso, uniranse aos efectivos indicados os medios dispoñibles do Parque Móbil.

Entre os 35 concellos nos que se están levando a acabo estas actuacións están Chantada, Taboada, Carballedo, O Incio, O Páramo, Samos, Triacastela, A Pobra do Brollón, O Saviñao, O Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...