HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra brinda polo 'Día Viño D.O.' na XXX Mostra...

A D.O. Ribeira Sacra brinda polo ‘Día Viño D.O.’ na XXX Mostra de Viños de Pantón

O brinde colectivo e simultáneo terá lugar este sábado, 10 de maio, ás 13:30h, en lugares emblemáticos dos territorios con denominacións de orixe. No caso da Ribeira Sacra farase na Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O brinde colectivo e simultáneo do que participarán 32 denominacións de orixe de España, terá lugar ás 13.30h (ás 12.30h, en Canarias). No caso da D.O. Ribeira Sacra o brinde realizarase no Concello de Pantón, no recinto no que se celebra a XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

O obxectivo desta acción é achegar o viño con D.O. á xente e reivindicar como as DD.OO. vitivinícolas axudan significativamente, e de diferentes formas, a que as zonas rurais sexan dinámicas e teñan futuro. É un brinde pola diversidade, a calidade, autenticidade, coidado e respecto polo saber facer local e polo medio natural. Enxalzando a contribución das DDOO de viño ao presente e ao futuro dos territorios nos que se sitúan.

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), entidade impulsora, representa ás denominacións de orixe a nivel nacional, e celebra este brinde simbólico cada ano o segundo sábado de maio.

ÚLTIMAS

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...