HomesociedadeQuiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

No pasado mes de novembro de 2024, o equipo de goberno do Concello de Quiroga poñíase en comunicación coa Subdelegada do Goberno, Dona María Isabel Rodríguez, para pedirlle que realizase as xestións oportunas ante a Dirección General de Estradas e o Ministerio de Transportes para dar solución á seguridade viaria na N-120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario e especialmente ao seu paso por Quiroga, feito que se vén denunciando desde anos atrás, con fochancas e fendiduras no firme que non só dificultan a circulación senón que poñen en perigo a seguridade viaria e prexudican a integridade dos vehículos. En ocasións puntuais, o servizo de mantemento fai recheos de fochancas, “pero a solución é tan precaria que, as inclemencias metereolóxicas e o tráfico de vehículos fan saltar o parcheado provisional de novo”, explican.

A resposta foi inmediata por parte da Subdelegación do Goberno, informando de que se atopa en redacción do proxecto a rehabilitación de firmes da N-120 entre os PP.KK. 472 ao 535. E que ademais está previsto priorizar actuacións nesta estrada no ano 2025 co contrato marco de conservación de firmes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

Os responsable municipais agradecen as xestións realizadas pola Subdelegación do Goberno e lembran que seguirán incidindo en que estes traballos se acometan o antes posible, xa que esta estrada é moi utilizada a diario polos veciños e veciñas do municipio de Quiroga. 

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...