HomesociedadeA Deputación presenta na poxa da Mostra Agrogandeira de Sarria 3 xovencas...

A Deputación presenta na poxa da Mostra Agrogandeira de Sarria 3 xovencas da Granxa Gayoso Castro

A Deputación de Lugo participou na XXXV Mostra Agrogandeira de Sarria, unha das principais citas do calendario rural da provincia. Durante a poxa celebrada este domingo, a institución provincial puxo á venda tres xovencas preñadas de raza Rubia Galega, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, situado en Castro de Rei.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os exemplares, que pertencen ao rabaño de elite do centro de recría da institución provincial cunha excelente calidade xenética e sanitaria, foron adquiridos por gandeiros da provincia por un prezo medio de 2.833 euros.

A boa acollida dos exemplares evidencia o interese do sector pola Rubia Galega, unha raza autóctona con grandes aptitudes para a produción cárnica e unha elevada capacidade de adaptación ao territorio.

A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, funciona como un centro de recría de referencia en Galicia e é clave na estratexia provincial para ofrecer ao mercado animais de calidade contrastada. A Mostra Agrogandeira de Sarria congregou un amplo número de profesionais do sector, gandeiros e visitantes, consolidándose como un espazo de encontro, comercialización e dinamización do rural lucense. O evento contou, ademais, cun completo programa de actividades paralelas, como exhibicións, concursos, sorteos e propostas lúdicas para todos os públicos

ÚLTIMAS

30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

Os fondos permitirán ao Concello mercar e facer unha obra de instalación dun box...

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...