HomesociedadeComeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta...

Comeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Entre o venres 23 e o domingo 25 de maio haberá un amplo programa de actividades enolóxicas e culturais, con visitas ás 13 adegas participantes, catas e percorridos para coñecer a paisaxe e o patrimonio da zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, promove esta fin de semana unha nova edición da Primavera de Portas Abertas na Ruta dos Viños da Ribeira Sacra. Como é habitual o sábado e o domingo ofértanse os Buses do Viño, con catro saídas o sábado pola mañá dende de Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo; e tres o domingo dende Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. Cada un deles fará unha ruta diferente que durará toda a xornada.

Este servizo de transporte conta cun guía que acompañará aos asistentes no traxecto por adegas, museos, igrexas, miradoiros e outros enclaves emblemáticos. Entre as propostas figuran visitas teatralizadas ao casco vello de Chantada ou á Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos.

Ademais, a partir do venres ofrécense unha ducia de actividades en diferentes localizacións da Ribeira Sacra. Entre elas figura a cata maridaxe Viños e Flores; o concerto do grupo de jazz Gabi Triana Quintet acompañado dunha degustación de viños nos arredores do embarcadoiro dos Chancís, en Sober; rutas polo Camiño de Inverno; itinerarios por igrexas románicas e miradoiros; percorridos en lancha e barca polo río Miño; unha excursión en segway e visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, ao Ecomuseo de Arxeriz e ao Museo Etnográfico de Quiroga. Toda a información e detalles das reservas poden consultarse na páxina web de Turismo de Galicia e Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

Presentación Ruta Viño RS / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...