HomesociedadeO IES A Pinguela participou nas 'Rutas Científicas, Artísticas e Literarias' do...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

Foron 23 alumnos/as de 2º de ESO que participaron en diferentes actividades culturais e coñeceron varias cidades das Comunidades Autónomas de Extremadura e Castela e León.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación nas Rutas Científicas, Artísticas e Literarias que organiza o Ministerio de Educación.

Fixeron distintas actividades e coñeceron cidades das Comunidades Autónomas de Extremadura e Castela e León sur (Casar, Cáceres, Trujillo, Parque Nacional de Monfragüe, Granadilla, Salamanca, Ávila, Valsaín e Parque Nacional Sierra del Guadarrama e tamén Segovia). Na viaxe estiveron acompañados dos compañeiros do mesmo curso do IES Costa del Sol de Torremolinos (Málaga) sendo unha experiencia inesquecible para todo o alumnado, pois, segundo explica o director do centro de ensino, “tiveron a oportunidade de desfrutar dunha semana máxica e intensa”.

Visita a Salamanca. Foto: IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...