Abertas todas as estradas da rede viaria provincial

As labores preventivas que está a realizar o dispositivo de inverno da Deputación garantiron a circulación con seguridade en todas as vías da provincia de Lugo.

Estrada de Ribas de Sil LU-P-5303. Fonte: Deputación de Lugo

Desde a Deputación Provincial informan de que os 35 municipios con maior risco de sufrir problemas na rede de estradas provinciais, non presentaron ningunha incidencia de gravidade e os alumnos de todos os Concellos lucenses puideron acudir ás aulas sen problemas.

Como xa adiantamos onte, o dispositivo divídese en 8 zonas da rede viaria provincial. Por cada unha delas hai 8 vehículos -2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up, adaptadas con cuña e saleiro e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos- e 14 operarios. Son, polo tanto, 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia. Cóntase tamén con varias máquinas, como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

Os concellos prioritarios e nos que se mantén o dispositivo activo son aqueles coas estradas con maior posibilidade de acumulación de xeo: Becerreá, Begonte, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde,  O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Lugo, Mondoñedo, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra Brollón, A Pontenova, O Saviñao, Quiroga, Riribeira de Piquín, Samos, Ribas de Sil, Triacastela e Taboada.

Continúase ademais coa medida preventiva de estender sal nas vías para garantir que non se formen placas de xeo, evitando o uso doutro tipo de fundentes máis agresivos coas estradas e co medio ambiente.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here