Homesociedade1.100 novas prazas de FP na zona sur para o vindeiro curso

1.100 novas prazas de FP na zona sur para o vindeiro curso

A Xunta amplía a oferta de Formación Profesional para o vindeiro curso en Galicia en todas as áreas territoriais, 2.450 máis que o curso actual. No eido rural, o vindeiro curso ofértanse un total de 8.230 prazas, 599 máis que no presente curso. Aquí cómpre destacar o crecemento da área de Lemos-Chantada-Quiroga con 1.098 prazas (un 14,26% máis).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No que atinxe á distribución territorial refórzanse as prazas en todas as áreas, cun peso específico nas cidades e áreas metropolitanas, pero “sen desatender o rural”, explicou o conselleiro, Román Rodríguez.

En canto ás familias profesionais, a Xunta amplía prazas en 20 das 25 existentes. O incremento máis significativo prodúcese na familia de Seguridade e Medio Ambiente, que medra case un 111% ao pasar das 256 actuais ás 540 o vindeiro curso.

Tamén destacan en crecemento as familias de Transporte e mantemento de vehículos, Química, Téxtil, confección e pel e Comercio e Márketing. Se atendemos ás cifras absolutas, as familias con máis prazas son Administración e xestión (6.058 de novo ingreso) e Informática e telecomunicacións (5.702).

Así, de cara ao vindeiro ano póñense en marcha vías formativas novidosas e pioneiras de Galicia coa finalidade de “ofrecer máis oportunidades ás persoas”, recalcou o titular do departamento de Educación da Xunta, como é o caso das formacións aceleradas, a FP Básica Adaptada e a FP Básica para adultos.

Recuperar a persoas que abandonaron os estudos

Así mesmo, no marco do Plan FPGal360 de orientación profesional, a oferta do vindeiro curso pon especial énfase naquelas persoas, sobre todo a poboación masculina, onde se concentra o maior abandono temperá, que deixaron os estudos no seu momento e que hoxe desexan ou precisan reforzar a súa formación e cualificarse.

Con este obxectivo, increméntanse a oferta de FP Básica como elemento clave para a incorporación da pobación a itinerarios formativos. Para iso habilítanse seis novos ciclos: Actividades de panadaría e pastelaría, Tapizaría e cortinaxe, Peiteado e estética, Reforma e mantemento de edificios, Industrias Alimentarias e Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel.

Créase tamén FP Básica para adultos, cunha oferta deseñada especificamente para favorecer a capacitación profesional e a reinserción laboral de persoas adultas que non dispoñen de títulos por abandonaren o sistema educativo no seu momento. Neste eido ofértanse os ciclos de Mantemento de vehículos (que se impartirá no CIFP Ferrolterra) e Servizos Administrativos (na EPAPU Berbés de Vigo).

Prazos para solicitude de prazas

O prazo para solicitar praza nalgún dos 251 ciclos ofertados para o vindeiro curso abrirase o próximo día 16 deste mes de xuño e permanecerá aberto ata o 2 de xullo. Este ano por primeira vez os tres períodos de adxudicación de prazas concentraranse no mes de xullo. A primeira adxudicación de prazas realizarase o 15 de xullo, a segunda o 22 de xullo e a terceira o 29 de xullo.

Logo destas tres adxudicacións, do 1 ao 26 de setembro seguirá aberta a adxudicación continua desde os propios centros educativos naqueles ciclos formativos onde queden prazas vacantes.            

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes...

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de...