HomeCulturaO Pazo de Sabadelle en Chantada homenaxea a Domingo Fontán coa exposición...

O Pazo de Sabadelle en Chantada homenaxea a Domingo Fontán coa exposición “Toda Galicia vai nela”

O Pazo de Sabadelle acolle este sábado, 7 de xuño, a partir das 20:30h. a inauguración da exposición, “Toda Galicia vai nela”, que conta coa colaboración do Concello de Chantada. Nesta ocasión quérese lembrar ao xeógrafo, matemático e político galego, Domingo Fontán, que no 1817 comeza a traballar na Carta Xeométrica de Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“O que foi o primeiro mapa de Galicia imprimiuse en París no 1845, cando Rosalía tiña 8 anos. Interésanos dar a coñecer aquelas persoas e cousas que consideramos teñen relavancia na nosa historia e deben preservarse na nosa memoria”, explica Xosé Figueroa Lorenzana do Pazo de Sabadelle.

Para contextualizar a importancia do traballo de Domingo Fontán, a exposición leva por título, “Toda Galicia vai nela”. Así se refería Otero Pedrayo á carta de Fontán nun artigo publicado no 1949 sobre a viaxe que a Carta Xeométrica de Galicia facía desde o porto de Lisboa cara os centros galegos en América.

“Estas actividades son recordatorios de partes importantes da historia de Galicia e axudan a divulgar e poñer en valor a nosa cultura e tradición. No Concello de Chantada apostamos desde o comezo por esta cita que mestura distintas artes e que está aberta a todas as persoas interesadas”, asegura o concelleiro de Cultura do Concello de Chantada, Manuel Diéguez.

Poesía, música, pintura e diferentes performance e presentacións compoñen o programa do 7 de xuño no Pazo de Sabadelle. Para iso contarase coas pintoras, Marita Carmona e Alba Fernández; as poetas Marisa Álvarez Landesa e Elba Grande e o poeta Correa Correadoira. A diseñadora de Chantada, Dánae Mariño, fará unha performance poética con varios deseños e modelos. Xurxo Souto presentará o seu libro “Somos un pobo de artistas” e ofrecerá un show falando do pasado e presente da música en Galicia para rematar coa presentación de “Xeografías”, proposta intimista da artista, Sofía Espiñeira. Esta exposición, que inaugurará a enxeñeira de Camiños e Portos, Gemma Rojo, ten entrada libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes...

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de...