Homesociedade"Produtos máis frescos e naturais imposible", asegura Roberto Castro que serán os...

“Produtos máis frescos e naturais imposible”, asegura Roberto Castro que serán os protagonistas da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite

O Concello de Ribas de Sil celebra os días 7 e 8 de xuño a XXI edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite. A Festa, que se desenvolve na Praia fluvial de San Clodio, é unha invitación a gozar deste delicado froito nun ambiente natural ao carón do Sil, coñecer os atractivos culinarios do municipio e as diferentes elaboracións artesanais, sen faltar a música.

Publicado o

POR
Ana B. Fernández
- Advertisement -

A cita comezará o sábado, 7 de xuño, coa apertura do recinto feiral cos distintos postos de produtos. Ás 12:00h celebrarase unha xornada de portas abertas no Xeocamping de Ribas de Sil. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, inaugurarase a exposición de pintura na Aula de Pesca, acompañada dunha xornada de pintura ao aire libre. Seguiralle a actuación de Mario Coloman & The Clocks Band ás 20:00h.

O domingo, 8 de xuño, haberá novamente venda e degustación de produtos típicos, actuando desde as 11:00h a charanga Km0. Ás 13:00h actuará o grupo de baile Foliada do Río Grande de Vimianzo, para as 13:30h dar lectura ao pregón, a cargo de José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo. A tarde deste último día completarase con música e un fin de festa conducido por Rafa Aguilar de Radio Monforte.

Festa da Cereixa Ribas de Sil / Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

A Festa da Cereixa do Viño e do Aceite de Ribas de Sil está organizada polo concello contando co apoio da Deputación Provincial. Desde a organización Roberto Castro, convida a acudir á praia fluvial de Ribas de Sil e gozar dos seus produtos máis característicos, “A fin de semana preséntase con boas previsións climatolóxicas e coa esperanza de que veña moita xente a probar as cereixas e o resto de produtos artesanais que se colocan nuns vinte stands ao redor da praia fluvial e que a xente tamén goce con este enclave marabilloso que temos aquí en san Clodio”.

Chegamos á 21 edición, despois deste tempo con que se queda a xente que participa da Festa?

Ademais de levar os produtos que se expoñen na Festa, coa participación de 6 adegas (Val de Quiroga, Casa de Outeiro, Lar de Ricobao, adegas EDV, Val do Frade e Pazo de la Cuesta) e os produtores de cereixa e de aceite que son 3, son os mesmos que teñen cerdeiras e oliveiras; lévanse loxicamente un grato recordo de pasar unha fin de semana agradable aquí con nós, na praia fluvial de San Clodio e ademais aproveitan para mercar estes produtos que están sacados directamente da árbore o mesmo día que se venden. Máis frescos e máis naturais imposible.

Notamos moito que a xente que vén a esta Festa descubre a Praia fluvial e volta despois durante o verán a disfrutar dun baño e de toda a zona que está ben acondicionada con parque infantil, área de autocaravanas, zona de barbacoas, restaurante municipal que dá boa comida. A festa naceu por dous motivos, poñer en valor a nosa produción agraria e facer promoción dun dos enclaves turísticos máis importantes de San Clodio. Fundamentalmente iso, os que veñen agora regresan no verán.

A climatoloxía foi bastante inestable esta primavera, que tal están as cereixas?

Este ano a acolleita non é igual que outros anos, pero hai produto suficiente para poder encher os stands e que a xente se poida levar as súas cereixas. Este ano foi unha mala colleita en case todo o territorio español, os calibres e as maduracións non son as mesmas que outros anos, pero temos cereixas para celebralas.

Que nos propón Ribas de Sil para este verán, unha vez remate a Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite, por que é interesante vir a San Clodio?

Centramos moitos as actividades culturais e musicais ao redor da praia fluvial, precisamente alí temos un anfiteatro que se fixo para estas actividades e, digamos que levamos as actividades onde máis xente hai. Participamos en varios programas como Cultura no Camiño e outras actividades con fondos propios que teñen o verán cheo de propostas e todo culmina coas festas patronais que se fan os días 14, 15 e 16 de agosto. Ademais o 16 de agosto hai unha feira exclusivamente de viño que está mesturada cos fogos artificiais, unha tradición con máis de 50 anos aquí no concello. Xúntanse máis de 2000 persoas nesta sesión e así mesturamos a feira, música e fogos artificiais.

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica obras en vías de Taboada e Láncara

A Xunta de Goberno celebrada este venres adxudicou as obras de dous proxectos, “que...

O Folión de Carros protagonista do stand do Concello de Chantada en Turexpo Galicia

Turexpo Galicia figura no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes...

Chantada acolleu unha xornada sobre pastoreo extensivo

A xornada contou coa intervención de gandeiras e gandeiros, investigadoras e persoal técnico de...

Demandas da infancia de Ribas de Sil na conmemoración do Día Internacional do Medio Ambiente

Durante os últimos días de maio e primeiros de xuño, o alumnado de infantil...