HomesociedadeCoque Malla, Dorian e Abraham Mateo nas Patronais de Monforte

Coque Malla, Dorian e Abraham Mateo nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Douton, deu a coñecer este sábado o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto de 2025.  

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas Festas Patronais deste ano haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical con carácter xeral, se inicie ás 22:30-23:00 e o remate entorno ás 04:00h da madrugada.  

O programa completo de actuacións musicais é o seguinte:

  • O luns despois co pregón actuará na Praza de España, A RODA, que leva case medio século de vida adicada a promover e difundir a cultura galega.         
  • Martes día 12 de agosto: ORQUESTRA PANORAMA: Iniciará a súa actuación ás 00:00h ata as 2:00 para volver nun 2º pase ás 3:30 ata as 4:30 da madrugada. GRUPO AMÉRICA DE VIGO: Este grupo compartirá a velada musical deste día iniciando ás 22:30 a súa actuación e rematará o 1º pase ás 00:00 da noite, volvendo a actuar tras o primeiro pase da Orquestra Panorama, de 2:00 a 3:30 horas.
  • Mércores día 13 de agosto: COQUE MALLA: O concerto central deste día 13 correrá a cargo do carismático artista Coque Malla, un dos grandes nomes do pop-rock español das últimas décadas. O seu concerto comezará ás 00:00 e rematará á 1:30 da madrugada. ORQUESTRA GALILEA: Complementando o concerto principal actuará a Orquestra Galilea, en dous pases, un entre as 23:00 e as 00:00, e o segundo de 1:30 a 3:30 da madrugada.
  • Xoves día 14 de agosto: DORIAN: O concerto principal deste día 14 será o do artista Dorian, considerado un dos referentes indiscutibles do pop electrónico e indie nacional. De 00:00 á 1:30h. Acompañando esa noite a Dorian, estarán dous grupos monfortinos, GIN TONI’S, e MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES.
  • Venres día 15 de agosto: ABRAHAM MATEO O día grande das Festas Patronais ás 00:30 actuará como concerto principal Abraham Mateo, unha estrela consagrada do pop latino e urbano. ORQUESTRA SUAVECITO: Acompañando o concerto principal do día da Patroa, esta orquestra actuará en  2 pases, comezando o 1º entre as 23:00 e as 12 da noite, e o 2º de 2:00 a 4:00 da madrugada.
  • Sábado día 16 de agosto: NIL MOLINER: O derradeiro día das festas actuará, ás 00:00h un dos grandes fenómenos musicais dos últimos anos no noso país, Nil Moliner. ORQUESTA SALSARENA: Para complementar o concerto de Nil Moliner, actuará esta orquestra en 2 pases, dende as 23:00 ata as 12 da noite e dende as 2:00 ás 4:00 da madrugada.

O Alcalde concluíu destacando que, “consideramos que é unha programación moi axeitada con concertos de primeiro nivel para seguir mantendo as Festas Patronais de Monforte como un dos referentes de Galicia, esperando que sexan moitos os galegos e galegas que nos visiten atraídos pola calidade dos concertos de Monforte”.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...