HomesociedadeInscricións para os Campamentos de Verán en Chantada

Inscricións para os Campamentos de Verán en Chantada

Trátase dunha iniciativa para favorecer a conciliación das familias que impulsa a Concellería de Igualdade do Concello de Chantada, abríndose o prazo de inscrición do 10 ao 18 de xuño. Todas as actividades propostas son de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada programa un amplo calendario de actividades infantís para favorecer a conciliación durante o verán. Por unha banda organízanse os Campamentos de Verán, que se desenvolverán en 3 quendas desde finais de xuño e durante o mes de xullo.

Estas actividades están destinadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolveranse no colexio Xoán de Requeixo e no IES Lama das Quendas en horario de 10:00h a 14:00, contando con servizo de madrugadores de 8:00h a 10:00h.

Para participar dos Campamentos de Verán ábrese o prazo de inscrición do 10 ao 18 de xuño, debendo acudir a servizos sociais do Concello de Chantada de 9:00h a 14:00h. Cada ano participan destes campamentos uns 200 rapaces/zas por quincena. Todas as actividades son gratuítas e van desde propostas deportivas con deportes mixtos, como baloncesto, voleibol, fútbol,…a obradoiros de expresión plástica e artística para a adquisición de habilidades sociais, con lectura, teatro ou música. Prestando sempre especial atención á integración e ás temáticas inclusivas e non sexistas.

“Outro verán máis centos de nenos e nenas de Chantada poderán inscribirse nos Campamentos de Verán con actividades destinadas a potenciar a tolerancia e o respecto cara os demais, favorecendo o desenvolvemento físico e psíquico e fomentando a comunicación e a iniciativa na toma de decisións. O Concello de Chantada colabora así na conciliación da vida familiar e educativa”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

CAMPAMENTO DIXITAL

Xa en agosto, do 1 ao 14, desenvolverase na aula Cemit do Telecentro, un Campamento Dixital para nenas e nenos de entre 9 e 13 anos. As prazas están limitadas a 25 persoas e cubriranse por orde de inscrición. As inscricións faranse tamén en servizos sociais do 10 ao 18 de xuño, en horario de 9:00h a 14:00h.

Este campamento é unha iniciativa promovida por cibervoluntarios.org en colaboración co Concello de Chantada para ofrecer actividades presencias de balde en competencias dixitais para nenas, nenos e adolescentes, con propostas adaptadas a cada idade. 

Xa o ano pasado se organizou este Campamento Dixital que facilita ós participantes pautas para aprender a buscar información de valor na internet ou coñecementos sobre as mellores ferramentas para crear contidos dixitais.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...