Homesociedade'DeCantar': a experiencia que marida viño con música, gastronomía e paisaxe no...

‘DeCantar’: a experiencia que marida viño con música, gastronomía e paisaxe no Canón do Sil

A Bodega Proencia, no Concello de Sober, amplía a súa oferta de experiencias con esta iniciativa que convida a "osixenar, pechar os ollos e deixarse levar".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Bodega Proencia amplía a súa oferta con novas experiencias e presenta, de cara ao verán, “DeCantar”, o seu primeiro ciclo que aúna música, viño, gastronomía e paisaxe.

“No mundo da enoloxía a decantación emerxe como un acto ritual. Decantar é osixenar, é levar á plenitude a expresión das calidades sensoriais”, refire a responsable da iniciativa, Sara Méndez.

Sala de catas. Foto: Bodega Proencia.
CICLO ‘DECANTAR’

Dende a Bodega Proencia, adega familiar de cuarta xeración e amparada pola D.O. Ribeira Sacra, ofertaranse dúas experiencias con música en directo, cata-maridaxe e servizo de bus nun entorno inmellorable como é o Canón do Sil.

A primeira cita DeCantar é este sábado 14 de xuño, con música en directo a cargo da pianista María Mendoza, finalista nos Premios Martin Códax da Música neste 2025. “A súa proposta, Piano Experience, propón unha viaxe a través do tempo e do espazo. Un convite a pechar os ollos e deixarse levar”, sinalan dende a organización.

A segunda será o 12 de xullo e nela proponse unha inmersión sensorial a través de sonoridades da tradición jazzística dende un punto de vista fresco e natural. A música volverá estar presente e neste caso a cargo do dúo de jazz Outumuro&Constenla, figuras destacadas tamén no panorama musical galego.

Todas as experiencias comezan ás 19:30 h. e teñen un prezo de 40 € día por persoa. A formalización das reservas poden facerse a través do teléfono 620596162 ou do perfil de Instagram @bodega_proencia.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...