HomesociedadeNovo material terapéutico e técnico para mellorar os servizos da asociación asistencial...

Novo material terapéutico e técnico para mellorar os servizos da asociación asistencial Agora

A compra deste equipamento foi posible cos fondos procedentes do 0,7 % do IRPF que xestiona a Xunta de Galicia, a través da coñecida como X Solidaria.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación AGORA, de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos, vén de incorporar novo material técnico e terapéutico co obxectivo de mellorar os programas e servizos que desenvolve no seu centro de atención diurna e na área ocupacional.

O investimento, que ascende a 5.474 euros, permitiu adquirir xogos de pesas, unha cinta andadora, unha bicicleta estática con exercitador para membros superiores, unha báscula accesible para persoas con mobilidade reducida, así como nova maquinaria para os obradoiros de costura e de serigrafía. Esta dotación contribuirá a mellorar a calidade da atención, favorecer a accesibilidade e potenciar as capacidades das persoas usuarias.

A compra deste equipamento foi posible cos fondos procedentes do 0,7 % do IRPF que xestiona a Xunta de Galicia, a través da coñecida como X Solidaria, marcada pola cidadanía no recadro 106 da declaración da renda baixo a denominación “Actividades de interese xeral para fins de carácter social”.

A ENTIDADE

A asociación sen ánimo de lucro AGORA aposta por un modelo de atención sostible e de calidade, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, coa mellora continua dos seus espazos como eixo fundamental. A entidade mantén firme o seu compromiso coa accesibilidade universal e coa creación de contornas confortables e inclusivas para todas as persoas usuarias. Foi constituída en 1992 e traballa na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade na comarca de Lemos, promovendo a súa plena participación na sociedade. Actualmente conta con 88 persoas asociadas e atende diariamente a 32 nos diferentes programas e servizos que desenvolve.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...