HomesociedadeAvanzan as colaboracións para o mantemento do matadoiro municipal de Sarria

Avanzan as colaboracións para o mantemento do matadoiro municipal de Sarria

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Sarria avanzan na súa colaboración para o mantemento do servizo de matadoiro municipal desta localidade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira María José Gómez, reuniuse este xoves na sede da Delegación da Xunta en Lugo co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, nunha xuntanza na que tamén participou a portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Carmen José López, e a directora territorial da Consellería na provincia, Olga Iglesias.

No encontro púxose de manifesto a defensa, por parte da Consellería, do interese público deste servizo, tendo en conta a importancia que teñen o sector agrogandeiro e a propia industria cárnica na comarca.

Gómez reiterou o compromiso da Consellería para atender as demandas dos veciños, no sentido de colaborar para manter en funcionamento unhas instalacións municipais fundamentais para a cidadanía da bisbarra. Ademais, a titular de Medio Rural incidiu en que esta comarca destaca por acoller un número importante de granxas de porcino, así como sas de despece e pequenos obradoiros cárnicos, polo que o servizo do matadoiro resulta de gran interese para o sector.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...