HomesociedadeMonforte celebra os actos na honra a San Antonio

Monforte celebra os actos na honra a San Antonio

Este venres, 13 de xuño, festéxase o día grande das Festas de San Antonio e como é tradición, volvéronse a celebrar os actos das honras ao santo, sendo día festivo en Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva institucional estivo encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, acompañado polos Concelleiros de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, o de Deportes, José Manuel Mougán, a de Consumo, Regina López, e a de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación Municipal.

A Misa solemne na honra de san Antonio celebrouse ás 12:30h. Tras a celebración eucarística, tivo lugar unha procesión coa imaxe polas rúas próximas á igrexa na que os devotos lanzaron pétalos de rosas á imaxe do Santo. A continuación procedeuse á degustación dun viño da Ribeira Sacra e un aperitivo organizado pola comisión de Festas na praza do Campo de San Antonio.

“O San Antonio, que é festivo local no noso Concello xunto co Martes de Pascua, é unha festa que mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes. Eu considéroas, como digo sempre, despois das de agosto como as segundas Festas Patronais da cidade ”, manifestou o rexedor monfortino.

O Concello de Monforte colabora coas Festas de S. Antonio cunha aportación económica de 1.000 €, que se enmarca nunha liña de axudas de 32.000€ para a celebración de festas de barrios e parroquias de Monforte, e que foron incrementadas nun 60% máis do que era habitual, dende o 2024, porque dende o Concello, “queremos apoiar e incentivar a realización das festas das nosas parroquias e dos nosos barrios”, conclúe o Alcalde.

ÚLTIMAS

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...