HomesociedadeO CCU anuncia un comezo de verán a tope!

O CCU anuncia un comezo de verán a tope!

A segunda quincena de xuño preséntase para a entidade cunha interesante formación para os comerciantes asociados e dous eventos top: a Festa de Fin de Curso e a volta da Tirolina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte arrinca esta segunda quincena do mes de xuño cun programa de actividades pensadas para dinamizar a cidade, atraer visitantes e seguir ofrecendo valor ao comercio local. “Tres accións complementarias, dirixidas a públicos diferentes, marcarán un comezo de verán cheo de enerxía“, comentan dende a xerencia ao tempo que lembran que “todas as actividades están organizadas polo CCU de Monforte, co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello”.

CURSO DE INGLÉS COMERCIAL

O CCU ofrece aos comerciantes asociados unha interesante e práctica formación para reforzar o nivel de inglés de cara a atender aos turistas e visitantes que chegan, cada vez en maior medida, á Ribeira Sacra. Así, pois, o martes 17 de xuño celebrarase unha formación exprés de 2 horas, exclusiva para socios e totalmente gratuíta, pensada para mellorar a atención ao cliente estranxeiro nos comercios de Monforte. “Unha aposta clara pola profesionalización e adaptación á chegada de visitantes internacionais”, comentan dende a xerencia.

ACTIVIDADES DE LECER PARA DARLLE A BENVIDA AO VERÁN

FESTA DE FIN DE CURSO. DESCONECTA CO CCU!

O sábado 21 de xuño terá lugar na Praza da Compañía a primeira edición dunha actividade familiar pensada para dar a benvida ao verán. A xornada preséntase como unha oportunidade de lecer en familia na que se poderá gozar con 20 xogos tradicionais de madeira, inchables espectaculares e unha festa da escuma como peche.

Para acceder ás actividades será preciso presentar tickets de compras realizadas nos establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€, válidos con data do 26 de maio ou posterior.

No que respecta ao horario, a actividade terá lugar de 11:00 a 14:00 h. pola mañá, e de 17:00 a 20:00 h. pola tarde.

A TIROLINA DO CCU

Está programada do 24 ao 28 de xuño, como cada ano, na Praza da Compañía. Ademais da Tirolina Dobre haberá Rocódromo e Karts a Pedais. É a oitava edición dunha actividade xa icónica en Monforte, pensada para todos os públicos e con acceso totalmente gratuíto para quen merque nos máis de 150 establecementos asociados ao CCU.

 Horario: de 11.00 h. a 14.00 h. polas mañás; e de 19.00 a 24.00 h. polas tardes.

Estas tres propostas resumen o espírito do CCU: dinamización, promoción do comercio de proximidade e mellora continua dos negocios locais. Queremos que Monforte sexa un destino onde mercar sexa tamén unha experiencia”, afirma Ángel Folgueira, xerente da asociación.

ÚLTIMAS

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...