HomesociedadeO 23 de xuño abren as Piscinas Municipais do Concello de Chantada

O 23 de xuño abren as Piscinas Municipais do Concello de Chantada

As Piscinas Municipais de Chantada contan con persoal formado para atender á seguridade dos/as usuarios/as e á correcta utilización das instalacións. Durante o verán o Concello de Chantada tamén organiza aquí diferentes actividades deportivas e de lecer, especialmente destinadas á poboación máis nova.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada programa para este verán ampliar o servizo da Piscina Municipal, de modo que as instalacións abrirán antes, o 23 de xuño, e manteranse abertas ata o 15 de setembro.

“As previsións climatolóxicas destes días fan que poidamos abrir as piscinas xa o 23 de xuño, unha vez que rematen as clases, e se o mes de setembro é bo, estarán abertas, como mínimo, ata mediados de mes”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. “Será a primeira vez que as piscinas estean abertas case 3 meses para que todos poidamos gozar durante o verán destas fantásticas instalacións que temos en Chantada”.
As Piscinas Municipais de Chantada, situadas na rúa Serra do Faro, ao carón das Piscinas Climatizadas, contan coa piscina para adultos/as e o vaso para nenas e nenos; ademais de amplas zonas verdes e espazo de estacionamento. A entrada ás instalacións é gratuíta.

Durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, o horario será de:
12:00h. – 14:00h
• 15:00h. – 20:30h.
• Sábados, domingos e festivos horario continuo de 12:00h a 20:00h

En xuño e setembro, de luns a domingo, o horario será:
• 16:00h. – 20:00h.

Piscinas Municipais de Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...