Homesociedade11 anos acondicionando a Lagoa do Parque dos Condes para o verán

11 anos acondicionando a Lagoa do Parque dos Condes para o verán

As brigadas municipais do Concello iniciaron esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes, contando co apoio da empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A limpeza da lagoa do Parque dos Condes é levada a cabo, ano a ano, dende que José Tomé Roca chegou ó goberno de Monforte, de modo que esta será a undécima limpeza. O primeiro dos pasos para a limpeza da Lagoa do Parque dos Condes, consiste no baleirado da auga, baleirado que se levará a cabo utilizando unha máquina motobomba para extracción de líquidos.

Posteriormente, procédese a extraer cunha máquina paleadora todo o lodo que se foi depositando no fondo da lagoa durante este inverno. Para desenvolver ditos traballos, emprégase unha bomba cuxo aluguer ascende a 300 euros, mentres que o custe dos traballos da empresa contratada ascenden a aproximadamente 5.000 euros.

 “A lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade. Co Parque dos Condes ao seu redor trátase dunha das zonas que atrae un maior número de visitantes e tamén é un dos lugares máis frecuentados polos veciños e veciñas para dar paseos”, destaca o Alcalde.

O mandatario municipal engade que “por iso, consideramos que a limpeza e o mantemento da lagoa é unha tarefa imprescindible para poder dar unha boa imaxe, para que os monfortinos e monfortinas desfruten da mesma, e que esta zona sexa unha das nosas mellores cartas de presentación”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...