Homesociedade'Viaxe interior de Pedra e Auga', exposición fotográfica de Xaime Cortizo en...

‘Viaxe interior de Pedra e Auga’, exposición fotográfica de Xaime Cortizo en Sober

A mostra pódese visitar ata o 31 de xullo no Centro Sociocultural de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dunha proposta visual de fonda carga simbólica, do fotógrafo e viticultor Xaime Cortizo, que nace dunha viaxe creativa e vital, unha travesía interior onde a pedra e a auga convértense nos grandes eixos narrativos dunha transformación íntima e artística. Cada imaxe é pegada, fronteira, memoria e revelación.

A exposición entrelaza tres xeografías fundamentais para o autor:

• A atmósfera máxica de Santiago de Compostela, representada nas súas gárgolas: rostros de pedra que gardan segredos e atravesan séculos, e tamén nos horizontes poéticos.

• Os paisaxes sagradas da Ribeira Sacra do Miño, onde Xaime cultiva a vide e o silencio, e onde a terra, a luz e o viño constrúen unha cultura ancestral.

• E os límites abertos da costa atlántica galega, desde a desembocadura do Miño ata a praia das Catedrais, pasando polos cantís de San Andrés de Teixido e o Cabo Touriñán, lugares onde o mundo parece rematar e renacer ao mesmo tempo.

Esta obra é tamén unha homenaxe á evolución interior como camiño, á capacidade de habitar a paisaxe non só co corpo, senón coa ollada, coa memoria e coa alma. A súa experiencia como artista fúndese coa do viticultor, que observa, espera, coida e transforma.

Con traxectoria consolidada na fotografía artística e documental, Xaime Cortizo propón unha exposición que convida a deterse, contemplar e sentir. Unha obra que nace da terra, da auga, do tempo… e do invisible.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...