HomesociedadeConvócase a XIX edición do Certame de Investigación Condado de Pallares

Convócase a XIX edición do Certame de Investigación Condado de Pallares

A Xunta e a Vicepresidencia da Deputación renovan a súa colaboración co Certame de Investigación Condado de Pallares, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta mércores presentouse a décimo novena edición desta iniciativa, nun acto que se desenvolveu no Museo Provincial de Lugo ao que asistiron entre outros, o presidente da Asociación de Amigos do Condado de Pallares, Carlos Vázquez, a xefa do Servizo de Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Lugo, Águeda Valín e a deputada de Cultura, Iria Castro.

O colectivo organizador pretende promover con este certame a investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no territorio que conformaba o antigo Condado de Pallares, que abranguía os concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo.

Os traballos poden presentarse ata o 30 de setembro. Deben ser escritos orixinais e inéditos en lingua galega, cunha extensión mínima de cen folios. O xurado emitirá o seu fallo nun acto que se celebrará o 1 de novembro e establécese un único premio dotado con 4.000 euros.

A representante autonómica felicitou á Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares por manter vivo este certame, “un proxecto referente na divulgación e posta en valor da nosa historia, do noso patrimonio e da nosa identidade cultural” e reiterou o apoio da Xunta a esta iniciativa “que dignifica a nosa cultura e promove o coñecemento da nosa terra”.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...