Homesociedade51.000€ para renovar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

51.000€ para renovar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O Concello de Bóveda vén de obter unha axuda da Xunta de Galicia para acometer o cambio de cuberta na Casa da Cultura. A actuación suporá un investimento de 51.272 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, veñen de asinar un convenio de colaboración  para a cobertura e reforzo estrutural do Centro Sociocultural do Concello de Bóveda en virtude do cal o departamento autonómico achega o 100% do custo das obras. Está previsto que os traballos se leven a cabo nas vindeiras semanas e que estean rematados antes do inverno.

Trátase, segundo figura no texto do convenio, “das actuacións necesarias” para que o Concello de Bóveda poida seguir ofrecendo unha programación cultural diversa e de calidade dirixida aos veciños e veciñas.

José Manuel Arias recorda que se trata dun edificio que abriu as súas portas a finais dos anos 90 e que presentaba algunhas goteiras, polo que se trata dunha intervención “prioritaria” nun dos espazos públicos municipais máis empregados pola veciñanza.

O Centro Sociocultural de Bóveda é un espazo comunitario onde a maiores da programación cultural se levan a cabo talleres, cursos, actividades, no que está a Biblioteca Pública Municipal e tamén o PAI. “Os traballos na cuberta do edificio van permitir mellorar a calidade interior da edificación”, conclúe o rexedor

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...