HomesociedadeFEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na...

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Esta semana celebrouse a VII asemblea da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS), no Círculo Recreativo Cultural de Chantada (Casino). Na actualidade cóntase con 60 entidades federadas, "cunha moi desigual participación que reflicte tamén o momento delicado de falta de activos suficientes ou relevo que viven moitas asociaciós no territorio e as limitaciós que sofren pola crecente burocracia", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que deben ser mellorados na Ribeira Sacra, con propostas para a poboación local e as súas necesidades e carencias; e para o territorio identificando as ameazas, como a perda do  Patrimonio Natural e Cultural.

Manifestan unanimidade das diferentes asociaciós sobre a visión cada vez máis crítica coa candidatura a Patrimonio Mundial, “feita de costas aos habitantes do territorio e sen un acompañamento no desenvolvemento de infraestruturas e servizos públicos. 
Queremos que as asociacións e o tecido social poidan ser partícipe dun proceso que vai modificar radicalmente o noso territorio e xeito de vida”.

Aprobáronse as contas do exercicio 2024, ficando as contas da FEARS completamente saneadas, e aprobouse o nomeamento da nova xunta directiva, ampliada ata os 10 membros e con 5 novas incorporaciós. Compóñena, deste xeito, 6 mulleres e 4 homes que, por súa vez, representan a 7 asociaciós de Lugo e 4 de Ourense. A asemblea tamén marcou as liñas de traballo para 2025-2026.

Finalmente, houbo tempo para tratar “ameazas inminentes” como os parques eólicos Agratina e Agromaces en Chantada e Carballedo ou a planta de biogás en Viaesteva, no Saviñao.

A este respecto aseguran facer seus os argumentos da AV Saviñao e a inquedanza da veciñanza. Refírense aos problemas que esta instalación lle vai causar á poboación, “polo que cómpre que o goberno municipal rexeite á implantación desta ameaza ao noso territorio”. Aseguran que se debe ter en conta que a instalación estaría próxima a un territorio densamente poboado, que comprende distintos lugares das parroquias de Vilaesteva, Segán, San Vitorio e Chave, e que a 1,6 quilómetros está Currelos, o segundo núcleo de poboación do concello, onde hai centro de saúde e colexio.

Asemblea FEARS / FEARS

Os residuos resultantes verteríanse a un cauce fluvial, o que conlevaría a súa contaminación e a das augas soterradas que afloran nas fontes e manantiais. “Os residuos irían ao rego de Sanxumil, e deste ao Riazón, afluente do Sardiñeira, que, á parte de ser a principal fonte de auga potable de Escairón. Este tipo de instalación contaminantes e molestas limitan ou mesmo impiden moitas iniciativas produtivas, como o turismo rural e cultural, a apicultura, e distintos tipos de cultivos”, insisten.

Segundo FEARS este tipo de industrias contradí os principios e valores dos fondos Next Generation, “especialmente no que se refire á cohesión social e territorial, cunha actividade imposta. A planta de biogás afectaría á vida cotiá da veciñanza e condicionaría o futuro da poboación do Saviñao sendo incompatible coa nominación a Patrimonio da Humanidade, que esixe preservar a paisaxe, o medio ambiente e o patrimonio”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...