HomesociedadePéchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

Desde este sábado, 28 de xuño, a Policía Local comezará a suprimir os estacionamentos da zona, a fin de poder pechala nos tramos e horarios previstos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6 de xullo. O dispositivo de circulación previsto, e que executará a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento.

  • Dende o domingo, 29 de xuño, ás 8:00 h e ata o martes, 8 de xullo, ás 23:00 h, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio para facilitar a instalación e posterior desmontaxe dos stands que participan no evento.
  • A partir do mércores, 2 de xullo, desde as 8:00 h e ata o luns día 7 de xullo ás 23:00 h, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.

Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados, e si a execución dos traballos de desmontaxe finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata. Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...